viernes, 22 de marzo de 2019

1º e 2º na horta

Esta semana tocoulles aos máis pequenos do cole o traballo na nosa horta. Os de 2º seguiron coa plantación de leitugas.
Ao alumnado de 1º esta vez tocoulle sementar.
Mirade que ben o fixeron.
 Están desexando ver como nacen as primeiras plantiñas.

domingo, 17 de marzo de 2019

XA CHEGA A PRIMAVERA

Como xa falta pouco para a entrada da primavera, o alumnado de 3º, 5º e 6º, aproveitou os días de sol para facer as plantacións propias da época: remolachas, cebolas, porros e dúas variedades de leitugas.

Agora haberá que coidalas e regalas como se merecen e esperar a que crezan ata obter os produtos desexados.

lunes, 4 de febrero de 2019

O NOSO ACIVRO

No xardín detrás de dirección temos un acivro (ollo: excepción á  regra de escribir con b as sílabas bra-,  bre- …) ou tamén chamado escornacabras, picoloureiro ou rascacú. Este é un arbusto (o noso de 5 m aproxi.) podendo chegar a ser árbore de folla perenne, que medra nos bosques  do oeste, centro e sur de Europa. En Galicia dáse nas zonas de montaña e chuviosas do centro e do interior. Pero como ocorre en moitos casos o noso acivro está de xeito ornamental, un pouco solitario, aínda que fai todo o posible por crear un bosque, pois as sementes que bota ao caer ao chan, están a brotar constantemente e nacendo acivros novos.
Hai moitas variedades de acivro, o máis común ten as follas coriáceas, onduladas e co borde espiñentos. Polo medio da árbore onde non é tan fácil que cheguen os animais poden non ter as espiñas. A cor é dun verde lustroso e escuro pola cara e máis pálido polo envés.
As flores son unisexuais, pero segundo sexan masculinas ou femininas nacen nunha árbore ou noutra. As influorescencias son mestas, con flores brancas e pequerrechas. 
O froito son bagas carnosas, de cor vermella con catro sementes duras no medio, non é comestible para os humanos, pero si para moitas aves, principalmente para a pita do monte. Maduran en outono e permanecen na árbore ata finais do inverno.
É bastante parecido á aciñeira e mesmo os romanos ao principio confundíana. Sabedes que o nome colectivo para designar o lugar onde hai moitos acivros coñécese como ACEVEDO.
A súa madeira, de cor branca, é moi dura e resistente, polo que é difícil de traballar. Antigamente usábase en ebanistaría e tornaría.
Entre os seus usos medicinais está o de laxante, os froitos son purgantes (con precaución). Mesmo tamén sirve de diurético, contra a bronquite, a reuma ou a artrite.
Debido a que se emprega en moitos países como ornamento no Nadal, está en perigo, polo que é unha especie protexida por lei, estando prohibida a súa extracción ou comercialización dos exemplares silvestres.
Os celtas considerábano unha árbore sagrada, con capacidade para atraer a boa sorte
 





 

Mirade que bonito luce o noso acivro:

lunes, 7 de enero de 2019

Reflexións sobre o campo


REFLEXIÓNS SOBRE O CAMPO

Que bonita a vida no campo!! Ti sementas e pouco tempo despois ves xerminar as novas plantas. Ou ben comes as súas follas ou esperas aos seus froitos, coa satisfacción de que recolles o froito do teu traballo e esforzo. Dende logo, produtos sans que non levan químicos, nin para medrar nin para conservarse.

Que ricos, que sabor! o dos tomates, pementos, cogombros …. Collidos na túa horta.

Máis a ledicia do agricultor, non dura moito, pois cando menos o esperas ven unha treboada, vendaval, xeada ou sarabia que che estraga o traballiño todo. Mesmo, ás veces, poden ser outros axentes non meteorolóxicos os que fagan a desfeita.

No horto do colexio pasounos algo de todo: nunha sementeira de nabizas, viñeron as pombas e o que fixeron foi comer as sementes nada máis esparcilas pola terra, impedindo que naceran adecuadamente. Posteriormente cando xa tiñamos nacidas esas nabizas e máis outras de Santiago, caeu unha forte sarabia que arrasou as incipientes nabizas.

Pobre agricultor!! Pouco dura a ledicia na vida do pobre!
Mirade como quedou o horto.


Menos mal que sementamos outras nabizas, neste caso de Lugo, e vede o seu progreso.

jueves, 20 de diciembre de 2018

jueves, 29 de noviembre de 2018

S E M E N T A N D O   6º

No seguinte vídeo podedes ver ao alumnado de 6º sementando na nosa horta: grelos de Santiago, "borrajas" e fabóns.


https://drive.google.com/file/d/1ew25Zw4pUdaAPpyvPmYwzwi4F4_Y6soD/view?usp=sharing

sábado, 24 de noviembre de 2018

1º vai ao horto

O ALUMNADO DE 1º VISITA O HORTO
 Nestes días, os máis pequenos do cole, co seu profe José Manuel, visitaron o horto. Alí a profe Rosa explicoulles o que había nas distintas parcelas. Mostroulles os repolos, alcachofas, berenxenas, cenorias, acelgas e ata o sembrado de nabizas.
Remataron a visita plantando eles unhas coliflores.

Non se esqueceron de regalas.
 Fixérono moi ben!!!